Dúas propostas diferentes de fai uns cantos anos para disfrazar a nosa cervexa “Estrella”, propostas divertidas e sen complexos como o entroido mesmo.

Superheroinas e superheroes, nunca pasan de moda. A quen non lle gusta sentirse “Super” polo menos unha vez ao ano? O entroido é a mellor escusa para deixar saír os nosos super poderes.

Pero toda ou todo superheroe necesita a sua super bebida revitalizante (sen abusar da pózima) que lle axude a salvar unha vez máis á humanidade dunha nova ameaza oculta.

Super Estrella darache o poder.

Destapa o entroido e descobre que disfrace ten a túa cervexa. Oia Atilano, diversión garantida!